Workshop en Braga para definir os desafíos do Iberian FoodTech Lab e fomentar a innovación no sector alimentario

Noticias

No marco do proxecto Poctep Net4Food, o próximo 1 de xullo celebrarase nas instalacións do INL en Braga (Portugal) un novo workshop titulado “Construíndo as bases do Iberian FoodTech Lab”, que terá lugar de 14:30h a 17:30h (hora portuguesa).

Esta xornada, coordinada por Portugal Foods, ten como principal obxectivo identificar os retos que o novo Laboratorio Ibérico de Alimentación (IFL) debe abordar para dar resposta ás necesidades do texido empresarial da eurorrexión Galicia – Norte de Portugal en termos de I+D+i.

O Iberian FoodTech Lab nace coa misión de impulsar a competitividade do sector alimentario na eurorrexión, poñendo ao dispor das empresas as últimas tendencias en tecnoloxía, investigación e innovación. Este laboratorio pretende ser un piar fundamental para o desenvolvemento e a mellora continua do sector, promovendo avances que permitan ás empresas manterse á vangarda da industria alimentaria.

O workshop representa unha oportunidade única para coñecer de primeira man os desafíos e as solucións que se están propoñendo no ámbito da tecnoloxía alimentaria.

Non perdas a oportunidade de participar. Inscríbeche na xornada facendo clic aquí.

Ver programa

keyboard_arrow_up