Adhesión á Rede

Únete á nosa rede!

O proxecto Net4Food supón a creación dunha rede de excelencia no ecosistema alimentario da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, impulsando a aparición e posta en marcha de novas solucións innovadoras, valorando os recursos endóxenos da Eurorrexión; e promovendo unha alimentación sostible, segura e saudable.

Como resposta a este desafío e no marco da creación do Iberian Foodtech Lab, futuro laboratorio de referencia internacional no ámbito alimentario procédese a constituír unha Rede de Excelencia no ámbito do sector alimentario transfronteirizo: NET4FOOD. A Rede Net4Food nace cunha vocación aberta e transfronteiriza, coa intención de agrupar a todas as entidades, públicas e privadas, do sector alimentario na Eurorrexión e dinamizar a súa colaboración e aliñamento.

En consecuencia, fai un chamamento á participación de todas as entidades do sector, con especial atención a pequenas e medianas empresas, pola súa predominancia e relevancia na rexión. Para regular o devandito proceso, establécese o seguinte formulario desde o que centralizar o seu desenvolvemento. Nunha fase posterior, trasladarase unha Carta de Adhesión que será asinada como formalización do proceso de adhesión á Rede.

Esta adhesión non suporá ningún custo para as entidades que formen parte da Rede.

keyboard_arrow_up