Proxecto Net4Food

O proxecto Net4Food supón a creación dunha rede de excelencia no ecosistema alimentario da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, impulsando a aparición e posta en marcha de novas solucións innovadoras; valorando os recursos endóxenos da Eurorrexión; e promovendo unha alimentación sostible, segura e saudable.

Desta estrutura cooperativa, espérase sentar as bases do futuro Iberian FoodTec Lab, cuxo Memorando de Entendemento tivo lugar o pasado 4 de novembro no XXXIII Cumio Hispano-Portugués. O proxecto espera contribuír aos seguintes resultados:

event_available

Creación dunha estrutura previa ao Iberian FoodTec Lab, que consistirá no desenvolvemento dunha axenda de actuacións que finalmente serán capitalizadas pola IFL, o que sentará as bases para o seu futuro funcionamento.

diversity_3

Desenvolvemento tecnolóxico empresarial a través dunha figura totalmente disruptiva, Open Innofood, que inclúe apoio directo a doce empresas para o ensaio e o deseño de novas solucións.

psychology

Mellora das competencias innovadoras dos grupos de investigación, coa participación en programas de mobilidade e a implementación de formacións específicas, incluído o I Congreso Interfood.

Una iniciativa pioneira

cara a un sistema pioneiro

rocket_launch

Promover as competencias científicas e innovadoras do territorio co fomento da aparición de novas iniciativas.

move_up

Posibilitar canles permanentes que faciliten a aparición de novos procesos de transferencia e o aliñamento entre os axentes do ecosistema coas novas axendas e estratexias internacionais.

biotech

Sentar as bases do futuro Iberian FoodTec Lab, co que se promoverá o desenvolvemento do ecosistema alimentario.

keyboard_arrow_up